background preloader

Admisión nas Ensinanzas de Réxime Especial

Facebook Twitter

Estudar Danza. Instrucións para a admisión nas ensinanzas superiores de Música 2017. Publicouse a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/20. 1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos: Título de Bacharelato ou equivalente.

Instrucións para a admisión nas ensinanzas superiores de Música 2017

Os que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharel, no prazo extraordinario de matrícula, se houbese vacantes.Título de licenciado ou graduado universitario.Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 16 anos ter superada unha proba de acceso. Instrucións para a admisión en Arte Dramática 2017.

REQUISITOS DE ACCESO:1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos: Título de Bacharelato ou equivalente.

Instrucións para a admisión en Arte Dramática 2017

No caso de ter materias pendentes de bacharelato poderanse inscribir no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.Título de licenciado ou graduado universitarioTer superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba de acceso. ENLACE.2º Superar unha Proba específica:Superar unha proba específica, obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. Instrucións de acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais 2017. O prazo para inscribirse vai do 14 de maio ao 7 de xuño do 2019.Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 ( Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Instrucións de acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais 2017

REQUISITOS DE ACCESO: 1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos: Instrucións de acceso ós estudos superiores de Deseño 2017. Publicáronse as normas de acceso e admisión nos Estudos Superiores de Deseño de Moda, Produtos, Interiores e Gráfico nas escolas de Artes de Galicia para o curso 2019-2020.

Instrucións de acceso ós estudos superiores de Deseño 2017

REQUISITOS DE ACCESO: 1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos: Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato, no prazo extraordinario de matrícula, se houber vacantes.Título de licenciado ou graduado universitario.Ter un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas (teñen acceso directo).Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.En caso de non cumprir requisitos académicos e ter 18 anos superar unha proba de acceso.

ENLACE. Instrucións de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño 2017. Instrucións de acceso ás ensinanzas deportivas 2019. A) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica ou acreditar un mérito deportivo.

Instrucións de acceso ás ensinanzas deportivas 2019

Admisión nas Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2019/2020. A Consellería de Educación publicou a Circular 3/2019 coas normas para a preinscripción, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas no vindeiro curso 2019-2020.

Admisión nas Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2019/2020

Ter 16 anos cumplidos no ano natural no que se comecen os estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO.Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1): consultar accesos directos por titulación na circular 3/2019.As persoas que acrediten o título de bacharelato terán acceso ao primeiro curso do nivel intermedio B1 do idioma que acrediten como 1ª lingua estranxeira. Deberá facer PREINSCRICIÓN : O alumnado de novo acceso deberá realizar unha preincrición en liña a través da aplicación informática, según as instrucións sinaladas na circular.