Formulario. Descarga as propostas didácticas da 6ª semana 27-01/05. O Orientador responde...05/05 " Prohibido non falar, estimular a linguaxe oral na casa" A falar apréndese falando dende os primeiros meses de vida.
A través da imitación os bebés descubren a lingua, aprenden as primeiras palabras e van poñendo nome o seu mundo. A aprendizaxe da lingua oral realízase, en boa medida, na familia, sendo para os cativos todas as persoas do seu primeiro entorno, tanto a nai como o pai, a avoa e o avó como os irmáns, os primeiros modelo de uso de lingua oral. O fogar, pois, é a primeira aula da linguaxe oral, razón pola que é moi importante que as persoas maiores cando falen cos nenos, xa dende os primeiros días, empreguen unha lingua clara o máis correcta posible, un vocabulario rico e variado, unha estrutura correcta e un ton axeitado. Aos nenos e ás nenas hai que falarlles como se se tratase de personaxes dunha obra de Shakespeare, evitando amosarnos impacientes cando non os entendamos. Sempre é interesante preguntarlles formulando preguntas abertas, evitando que as respostas sexan sempre «si» ou «non». 1–. 2–. O Orientador responde...28/04 "Uso saudable das pantallas na corentena"
A Unidade de Psicoloxía do Consumidor e do Usuario da Universidade de Santiago e diversas asociacións de loita contra as adiccións publicaron un decálogo de recomendacións sobre o uso saudable dos dispositivos dixitais e acceso ás redes sociais por parte das persoas adolescentes durante o período de corentena.
O confinamento é unha situación que intensifica o uso de dispositivos dixitais (móbiles, videoxogos, redes sociais...) por parte de todos os membros da familia, o que constitúe unha oportunidade para que na familia de asenten comportamentos do seu uso responsable. Velaí un decálogo de orientacións para a corentena que poden axudar aos pais e nais nesa tarefa de educación responsable: Descarga as propostas didácticas da 5ª semana 20-25/04. O Orientador responde...27/04 "Estratexias para mellorar a comprensión e velocidade lectoras" A lectura é un proceso de interacción entre o pensamento e a linguaxe escrita.
Un proceso que obriga, en primeiro lugar, a recoñecer as letras, as palabras e as frases, e despois a captar os seus significados e a relacionalos con outros que xa posúe cada lectora. Chamamos comprensión lectora (CL) ao proceso polo que cada lectora interactúa cos diversos tipos de textos escritos. Mais tamén entendemos por CL a habilidade de entender o que se le, tanto en referencia ao significado das palabras que forman un texto como con respecto á súa comprensión global.
Carecer desta habilidade de comprender o significado do que se le pode chegar a influír na adquisición doutras aprendizaxes, mesmo noutras materias como as matemáticas, xa que o alumnado con baixa CL terá máis dificultades para resolver problemas se non comprende o seu enunciado. Manuel Bragado Orientación do CEIP de Laredo.
O domingo saímos a rúa: O Conto do Oso Goloso Infantil. O Orientador responde...21/04 "Avaliación, cualificación, promoción e repetición na Educación Primaria" Algunhas noticias aparecidas nos medios impresos e dixitais sobre as instrucións das autoridades educativas para regular no actual estado de alarma o final deste curso non foron o suficientemente precisas na utilización de termos como «avaliación», «cualificación», «promoción» ou «repetición».
Coa intención de contribuír a evitar confusións futuras, expoñemos como están regulados cada un deles na actual lexislación educativa. 1–. Avaliación. O Orientador responde...21/04 "Avaliación, cualificación, promoción e repetición na Educación Primaria" Descarga as propostas didácticas da 2ª semana 23-27/03. Descarga as propostas didácticas da 3ª semana 30-03/04. O Orientador responde...Semana Santa "7+1 propostas de lecer na casa para a semana de descanso"
Tras tres semanas de confinamento na casa traballando en actividades escolares, esta é unha semana de descanso na que podemos privilexiar as activades de lecer en familia.
Cremos que sería unha boa idea que cada familia reserve un momento de cada unha das xornadas para que todos os seus membros compartan unha actividade de lecer. Entre as moitas posibilidades existentes propoñemos 1–. Concerto de rock en familia: «Rokeando na casa con Pakolas» . A gozar a tope, chimpar, choutar e bailar… vaia planazo, Rock con Pakolas (Paco Cerdeira) e todas as súas cancións de animais con cola (ou sen ela ;-p!) 2–. O Orientador responde...03/04 "Beneficios da lectura durante a corentena" Durante estes días de corentena, a lectura de libros pode ser para crianzas e maiores unhas das mellores posibilidades para ocupar o tempo.
O Orientador responde...01/04 "Lectura fácil e coronavirus" A lectura fácil é un método que pretende facer todo tipo de textos máis comprensibles, eliminando barreiras para a compresión, a aprendizaxe e a participación.
A lectura fácil está orientada para facer máis clara e comprensible a información ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectual, auditiva ou visual, mais tamén para aquelas que teñen dificultades para ler, algún tipo de trastorno específico de aprendizaxe, persoas maiores con perda de memoria ou inmigrantes que non o fan na súa propia lingua. Descarga as propostas didácticas da semana 23-27/03.
O Orientador responde...30/03 "Recursos educativos en liña para familias e docentes" O Orientador responde...27/03 "A xestión das emocións na corentena" Nesta situación excepcional de confinamento, os pais e nais das crianzas de Educación Infantil e Primaria, ademais de organizar as rutinas diarias, conservando os seus hábitos de alimentación, lecer e sono saudables, son as pezas fundamentais da súa seguridade afectiva e desenvolvemento emocional.
Os menores non son alleos ao que está sucedendo e nesta situación senten emocións como enfado, alegría, tristeza ou incluso medo e inseguridade, que requiren ser xestionadas. Unha situación excepcional que brinda a oportunidade a pais e nais a estar máis presentes nas vidas das súas crianzas, dedicando tempo a falar, xogar e mesmo a aburrirse xuntos. Unha situación que proporciona a posibilidade de poñer en marcha na familia as estratexias da intelixencia emocional, o que facilitaría que os menores adquirisen niveis máis elevados de tolerancia á frustración e resiliencia. Manuel Bragado Orientación do CEIP de Laredo. O Orientador responde...26/03 "O xogo do coronavirus e outros recursos na rede" Entre os recursos dispoñibles na rede para crianzas sobre o coronavirus e a corentena na casa paga a pena recomendar media ducia dos que consideramos de maior interese para o noso alumnado de Infantil e Primaria.
«O xogo do coronavirus», vídeo dun minuto e medio de duración. Creado polo enfermeiro Santiago Santana na canle en YouTube do Consello General de Enfermaría propón as crianzas a forma correcta de lavar as mans como a medida preventiva máis importante fronte ao coronavirus. O xornal El País publicou un artigo no que explica o reto que pretende consolidar un hábito esencial, máis aínda neste momento. Aulas galegas, portal educativo sen ánimo de lucro no que se ofrecen recursos en lingua galega para os diversos niveis educativos e áreas curriculares. Aconsellamos moi especialmente o seu espazo dedicado ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, onde de poden ver contos, actividades con lingua de signos... Manuel Bragado Orientación do CEIP de Laredo. O Orientador responde...25/03 "Persoas Adolescentes na corentena" Polo momento evolutivo no que se atopan tampouco é doado para as persoas adolescentes pasar un mes sen saír da casa, sen facer deporte, sen acudir ao seu centro escolar ou sen estar a carón das súas amizades.
A corentena é un tempo difícil tamén para elas. Os medios de comunicación achegaron diversas recomendacións ás familias de especialistas en Psicoloxía da adolescencia que poden axudar a enfrontar mellor estes días de confinamento obrigado na casa: 1–. As persoas adolescentes deben continuar mantendo o fío do seu entorno social: comunicándose por medio dos seus dispositivos coas súas amizades e persoas coñecidas, realizando as actividades curriculares propostas polo seu centro, participando nas rutinas familiares de limpeza ou mesmo nas colectivas como o aplauso vespertino. 2–.
O Orientador responde...24/03 "Tele educativa na corentena" Ademais das tarefas propostas polo centro, dende esta semana o alumnado dispón tamén dunha oferta de contidos educativos e de lecer nas televisións públicas. Dirixido, sobre todo, a aquel alumnado de ensino obrigatorio (6-16 anos) de familias socialmente máis vulnerables, que carecen de recursos ou teñen dificultades para utilizar decotío a comunicación por internet, o Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) e RTVE puxeron en marcha o programa «Aprendemos en casa», cuxos espazos serán emitidos en aberto de luns a venres en Clan TV para alumnado de Primaria e a 2 de TVE para o de Secundaria.
Máis en concreto, a canle Clan TV de RTVE emitirá os luns espazos con contidos de Matemáticas, os martes de Ciencias Sociais, os mércores de Educación Artística e/ou Educación Física, os xoves de Lengua e idiomas e os vernes de Ciencias Naturais. O Orientador responde...23/03 "Circulación de persoas con espectro autista" Alba Toba López, catedrática de Dereito Administrativo da USC, publica un chío que informa sobre a publicación no BOE do venres 20 de marzo dunha instrución do Ministerio de Sanidade pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVI-19.
En concreto, establece no seu artigo segundo que a actividade de circulación olas vías públicas está permitida para «as persoas con discapacidade, que teñan alteracións condutuais, como por exemplo as persoas con diagnóstico do espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e a un acompañante, a circular polas vías de uso público, sempre e cando se respectan as medidas necesarias para evitar o contaxio». Unha importante modificación legal que autoriza, pois, a que estas persoas e un acompañante poidan saír a realizar paseos respectando as medidas para evitar contaxios.
Descarga as propostas didácticas da semana 16-20/03. O Orientador responde...20/03 "Procurar a calma na corentena" O período de corentena que comparte cada familia na casa é unha oportunidade preciosa para facer actividades que decote non sen fan nas que participen todos os seus membros ou para que cada persoa dedique máis tempo a algunhas das súas actividades preferidas. No en tanto, probablemente, nestes días non todo vai ser un camiño de rosas, xa que aparecerán momentos de tensión («estrés») froito dunha situación excepcional que sentimos como ameaza (o perigo do contaxio do coronavirus, o medo ao desabastecemento de produtos básicos, o afastamento dalgúns familiares e amizades...) ou simplemente provocados polos intereses de cada persoa da casa (sexan maiores ou crianzas) confrontados nun espazo reducido durante un tempo prolongado.
Nesa xestión familiar do tempo de confinamento é importante diferenciar as rutinas dos días de traballo (nos que a rapazada realiza tarefas escolares) dos da fin de semana, nos que se poderían realizar outro tipo de actividades. Boa fin de semana! O Orientador responde...19/03 "A corentena en pictogramas" O pictogramas, «Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC)», son formas de expresión distintas á linguaxe oral que teñen como obxectivo aumentar as posibilidades de comunicación e ou compensar as dificultades de linguaxe de persoas con parálise cerebral (PC) ou con algún Trastorno do Espectro Autista (TEA), entre outras con discapacidade. O Orientador responde...18/03 "Na Corentena hai tempo para todo" Quedar na casa durante canto menos catorce días obriga a todas as familias a adoptar novas rutinas para facer fronte a unha situación excepcional e para evitar os prexuízos que este peche poida provocar no estado emocional e desenvolvemento académico dos nenos e nenas.
Por fortuna, as crianzas saben que este non é un período vacacional, razón pola que continúan coa actividade escolar dende a casa, establecida diariamente de forma telemática por candasúa titora. Con todo, é preciso que cada familia asuma esta situación como un reto, tanto pola dificultade de adoptar un novo modelo de conciliación e organización dos coidados e das actividades das crianzas e das persoas maiores (moitas delas teletraballando desde o fogar), como pola necesidade de organizar de forma consensuada os tempos e os espazos.
Protocolos de saída e entrada na casa COVID-19. Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa) Como organizar o tempo en días de corentena. «Diario coronavirus». Pictogramas. GT TEA. «Yo no voy al colegio». Pictogramas. Coronavirus. Información básica en pictogramas. Que es el coronavirus? Pictogramas. «Todo vai saír ben» Cartel para colorear. Coronavirus, cierre de las escuelas. 3. Fomentar la actividad física. En estos días el estilo de vida sedentario podría aumentar y el nivel de interacción social disminuir. Es positivo incluir entre las actividades diarias los ejercicios físicos que se pueden hacer en casa o fuera, en parques y en lugares dedicados a actividades deportivas, por supuesto, en conformidad con las medidas preventivas proporcionadas por las autoridades competentes. 4. Cuidar la alimentación. 5.
70 ideas faciles para jugar en casa. 30 planes divertidos para hacer esta cuarentena. «Misión quedarse en casa», conto para colorear de Dalmaus. Nos quedamos en casa. Recomendaciones para mamás y papás con niñxs TEA. Ideas para pasar estos días en casa con niños. «Olma y Ofe están en casa». Álbum. «Rosa contra el virus». Cuento para explicar a los ninos y ninas el coronavirus y otros posibles virus.
Técnicas de Estudo. Orientacións para alumnado de 3º a 6º de EP.